viernes, 13 de mayo de 2016

PRESENTACIÓN CAMPEONATO GALLEGO DE LA CADETE FEMENINO

O pasado 9 de maio presentouse no concello de Monforte de Lemos A Fase Final do campionato Galego da categoría Cadete Femenina disputarase o sábado en Monforte de Lemos (Pavillón de A Pinguela), co CV Ribeira Sacra como organizador.

O noso equipo, ademáis de xogar en casa, chegan á final cos mellores números entre os participantes, cunha única derrota en toda a tempada durante a liga regular e catro vitorias consecutivas na segunda fase que as levou a liderar o Grupo A por enriba do CV Liceo e As Mariñas de Oleiros.
Precisamente as monfortinas serán as encargadas de abrir a competición coa primeira semifinal ás 10.00 horas que as enfrenta ao Jealsa Boiro Voleibol, terceiro na liga regular e segundo clasificado do Grupo B na seguinte fase, un equipo que pelexará ata o último tanto por entrar na gran final galega.
Outro equipo disposto a ir a polo título en Monforte é o Mocavi Xuvenil Teis. As viguesas contan con xogadoras de gran calidade, e remataron a tan só dous puntos do Ribeira Sacra durante a primeira fase, liderando despois o Grupo B con pleno de vitorias. Frente a elas, na segunda semifinal prevista para as 12.00 horas estará o CV Liceo, campión galego da categoría infantil na pasada campaña que tampouco deixará pasar a oportunidade de pelexar por voltar á competición nacional, polo que se espera un campionato verdadeiramente emocionante no pavillón de A Pinguela.



No hay comentarios :