O pasado fin de semana (30 de abril e 1 de maio), disputouse en Cambados a Fases Finais polo título da categoría infantil. O noso Club levantou o trofeo autonómico,
O Campionato Galego Infantil Feminino disputouse o sábado 30 de abril en Cambados, onde o equipo monfortino CV Ribeira Sacra acadou o título autonómico tras superar ao Calasancias Coruña na semifinal e ao Mel Fror Emevé na gran final do torneo.
Precisamente as monfortinas abriron, xunto ao Calasancias Coruña,
a competición, que se iniciou ás 10.00 horas da mañá nas instalacións
de O Pombal. O Ribeira Sacra tardou en entrar no xogo, e nun primeiro
momento as coruñesas, cun gran saque, logran adiantarse con moita
comodidade, levando o set inicial 25 a 11.
Pero a reacción das futuras campionas chegaba na segunda manga, na que,
máis centradas, lograban mellorar a súa actuación e empatar o partido
25 a 17, dando paso á parte máis igualada e emocionante do partido.
O terceiro set foi crucial. Igualadísimo dende os comezos, o reparto de
puntos chegou á recta final, que finalmente decantou a balanza pola
mínima para as monfortinas 26 a 24. Desta forma o Ribeira Sacra encarou
con máis confianza o cuarto parcial, no que, asinando unha gran
actuación en todas as facetas, certificaron a súa presenza na final de
forma clara, cun 25-11.
Só faltaba coñecer ao rival das de Lemos na final, coas anfitrionas do XAV Cambados e as lucenses do Mel Fror Emevé como candidatas.
A presión puido ás locais nos primeiros parciais, nos que o Emevé, con
moita seguridade, logrou poñer o 2-0 con certa comodidade, 25 a 17 e 25 a
13.
Pero non se
renderían as cambadesas sen pelexar, e arroupadas pola súa afición,
lograban no terceiro set achegarse o suficiente no marcador para
continuar con opcións e acurtar distancias nun emocionante final de set
que chegou ao 29-27 para as locais.
Seguiron con bó xogo as anfitrionas no cuarto asalto, chegando por
enriba cara o final de set 19 a 17, pero cando parecía que a semifinal
se decidiría na morte súbita, o Emevé daba o acelerón final para
asegurar a súa presencia no nacional 25 a 21.
Quedaba entón por decidir o campión autonómico na eliminatoria da tarde
que comezou forte, con máxima igualdade e gran xogo por parte dos dous
equipos finalistas. Unhas poucas xogadas foron as que decantaron o
marcador a favor do Ribeira Sacra, 25 a 21 na recta final.
Esta vitoria deu ás ás de de Monforte, que entraron como unha
verdadeira apisonadora no segundo parcial, sen dar apenas opcións ás
súas rivais do Emevé cun contundente 25-11.
Seguiron pelexando as lucenses no terceiro, cunha gran defensa que as
achegaba no marcador, e levaba a emoción aos últimos tantos da final,
pero o Ribeira Sacra non deixou pasar a oportunidade e sentenciou 25 a
23 converténdose en Campión Galego da categoría Infantil Feminina.
Tanto o CV Ribeira Sacra como o Mel Fror Emevé acudirán ao Campionato
de España da categoría que se celebrará en San Cugat do 18 ao 22 de
maio.
O podio do Campionato Galego Infantil Feminino pechouno o Calasancias Coruña, que superou ao XAV Cambados
na pelexa polo bronce por 3 sets a 1
(25-15/18-25/19-25/14-25),rematando as anfitrionas nunha meritoria
cuarta praza autonómica.






